Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

BARALLA – PONTE DE COVAS - BARALLA

Distancia: aprox. 25 km.

Atopamos nesta ruta unha variada mostra de elementos de grande beleza: pontes, igrexas, casas grandes…

Recorremos a estrada 621 en dirección a Láncara, despois de pasar San Esteban – interesantes pinturas na súa capela -, vemos  Pousada, temos a igrexa a esquerda, na croa dun castro, ao lado da casa do Pacio unha das de máis fondas raíces históricas do Concello. Dise que no castro existe unha cova, bastante ampla, con varias ramificacións, unha delas podería acabar no castro de Ferreiros.

Desde Pousada pasando por Salvador podemos desviarnos ata Basille, temos aquí a Torre que nos evoca a Idade Media para acordarnos da historia de Don Tello, e do pasado esplendoroso desta zona, o antigo Paços de Neyra debeu de estar aquí.

Volvemos á estrada – que nos ofrece unhas espléndidas vistas sobre  o val - e deixamos atrás Pousada, encontramos un desvío á dereita que nos leva a Laxes, podemos collelo para acercarnos ata a ponte sobre o río Neira admirando a beleza do río e unha arca ao lado da ponte.

Á esquerda da estrada de Laxes sae un camiño que cruza o río Neira por medio dunha ponte colgante fronte á piscifactoría, unha vez pasada esta, si collemos á dereita volveriamos a Laxes e de novo ao punto de partida.

De volta á estrada, a esquerda, en canto pasamos Quintá, temos un camiño (mellor continuar e xirar o coche máis adiante para collelo de fronte pois é complicado tomalo segundo imos – tamén podemos  velo cando volvamos), que nos leva a un muíño (a aceña lle chaman) e a unha fermosa pontella de madeira (a peligrosidade de atravesala que a valore cada quen), sobre unha calzada e pequena fervenza no río Neira.

Volvemos a estrada e continuando dirección Láncara temos un desvío que vai a Penouta e Berselos, chegaremos a este último pobo (3 km.) para admirar a súa igrexa, unha xoia do románico.

De volta á estrada Lebruxo, a 1,7 km. na pista que nos leva ao pobo – con bonitas vistas sobre o val de Quintá -, antes das primeiras casas atopamos un camiño ancho pola esquerda, aos douscentos metros outro camiño cara á dereita que leva á igrexa parroquial , agochada entre unha mesta carballeira. O máis interesante deste antigo templo é a súa situación, xa que está construído na coroa dun castro, do que se pode ver a acrópole circular.

De volta a estrada continuamos ata Covas, desvío a esquerda, admiramos a igrexa e podemos facer un paseo cara o río que nos leva ata a Ponte de Covas (son 1,5 km. entre ida e volta – pasaremos por el en coche para ir a Acivido), tratase dunha interesante construcción de data incerta. O camiño que está antes da ponte lévanos á igrexa de Covas.

Desde a estrada collemos dirección Acivido, aqui podemos ver o conxunto de hostelar, unha curiosa formación de pedras que conforman unha espectacular paisaxe.

De volta á estrada e tomando dirección Láncara, collemos o desvío a Rariz, Vilasantán, pasado o primeiro pobo chegamos a unha ponte sobre o río, aínda hai restos da vella ponte uns metros arriba,  a esquerda hai un bonito paseo – corto - ata unha canteira abandonada, a dereita cara a Láncara temos unha fermosa vista de pequenas fervenzas no río.

Regresamos á estrada principal e desde ali a Baralla.

Volta a turismo   Volta a rutas  

 Volta a patrimonio artístico

pinturas santo estevo

vista do val

camiño

souto

igrexa berselos

rio Neira

pontella

fervenzas río

mapa da ruta

 

Preme sobre o mapa para agrandalo.


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer