Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

GASTRONOMÍA:

O apartado gastronómico fundamentase en productos naturais e típicos da zona.

A gastronomía basease principalmente na carne de “porco”. Ao ser esta unha terra de tradición fundamentalmente gandeira, as carnes de tenreira son outro dos elementos importantes que conforman a oferta gastronómica. A producción agrícola e de productos da horta e fundamentalmente de autoconsumo.

Ademais dos productos que tradicionalmente se obteñen do “porco”, nesta zona elabóranse os “butelos”, embutido de costela e coiros

 A oferta gastronómica presente nas fondas e restaurantes do Concello basease en productos naturais – nalgúns casos de producción propia.

Así, dependendo do local e da época do ano, podemos disfrutar dun estupendo prato de callos, caza maior ou menor, troitas, churrasco e carnes de primeira calidade, pulpo á feira, osobucco de tenreira, bacalao á portuguesa, castañas, cocido...

Un bo momento para disfrutar desta oferta gastronómica son os días de feira, días 1 e 18 de cada mes.

Volta a turismo  |  Enlace con guía útil


 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer