Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

O VAL DE LEXO

Distancia: aprox. 28 km.

Neste recorrido imos disfrutar de paisaxes e vistas de gran beleza.

Saímos de Baralla con dirección a Gundián, desde aquí cara a Villarpunteiro, podemos ver a súa igrexa parroquial.

De novo na estrada pasamos polo pobo de Os Vales, o único que queda da súa casa grande é a porta de acceso construída en arco de medio punto en pedra do país.

Seguimos entre castiñeiros centenarios e soutos e chegamos a Vilarello, desde aquí si queremos acortar a ruta collemos en dirección a Sixirei e pasando por Piñeira volvemos a Baralla.

Como queremos ir a Lexo collemos á esquerda. Na estrada, un indicador de Casa Airexe dinos onde está a igrexa parroquial, convén deterse.

De volta á estrada seguimos ata Castro de Lexo, típicas construccións de montaña.

Desde aquí podemos facer unha ruta andando que nos leva ata o muíño ao fondo do val.  

De novo na estrada, as vistas panorámicas sobre o val e mesmo Baralla son impresionantes, pasamos por terras de Láncara e collemos o desvío á dereita cara a Baralla. 5km.

Pasamos por Vale, igrexa. Vilameixe, vemos de fronte a casa torre. Pol. Podemos coller o desvío á esquerda para admirar desde a estrada que vai a Vilar de Francos unhas estupendas vistas do val con Baralla e a autovía ao fondo.

Chegamos a Aranza, podemos acercarnos ata a piscifactoría, antiga fábrica da luz, desde aquí podemos facer unha ruta andando desde a ponte colgante ata Laxes e volta por camiño entre soutos e pinares. En Aranza vemos a igrexa e o pazo.

Regresamos a Baralla.

mapa da ruta

Preme sobre o mapa para agrandalo.

Volta a turismo  |  Volta a rutas 

  Volta a patrimonio artístico

cancela

vista do val

igrexa de lexo

fondo do val

camiño

muiño

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer