Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

POLO VAL DE NEIRA DE REI

Distancia: aprox. 30 km.

Imos visitar un fermoso val ao que "o poeta dos cantares" dedicou un fermoso poema.

Saímos de Baralla cara a Baleira, estrada 710, que nos seus catro primeiros kilómetros discorre paralela ao río Neira.

Pasado punto km. 4 e antes de pasar a ponte de carracedo – a primeira que nos atopamos desde que saímos de Baralla - seguimos de fronte, imos visitar a igrexa románica de San Miguel encravada no alto dun castro.

Se temos ganas e forzas para andar podemos subir á Pena da Cruz, o sendeiro iniciase mesmo ao pé da igrexa. Tratase dunha camiñata de preto de 4 km., difícil,  pero que ofrece unhas inmellorables vistas sobre o Val.

De novo ao pé da igrexa continuamos camiño sen dar volta atrás e pasamos pola fermosa casa de Curro – con hórreo e ao lado de dous ríos -. Chegados a Ponte de Neira collemos á esquerda,  e a poucos metros de novo á esquerda. Cruzamos de novo o Neira, estamos pasando as terras da Condomiña  de fondas raíces históricas.

Collemos un desvío cara aos Mazos, terra e cuna de ferreiros. Pasamos pola ponte coas reminiscencias históricas reseñadas no apartado correspondente. Nos Mazos podemos visitar os restos do antigo mazo – so está rehabilitado o seu exterior - , un pouco máis adiante, ao lado dunha antiga aceña, o que agora é piscifactoria, temos unha esplendorosa paisaxe e vista do Río Neira.

Desde Os Mazos e se queremos disfrutar de auténtica paisaxe de montaña, podemos acercarnos a Castrolanzán (pequena e bonita capela), pola estrada que nos levaría a Louxas e Navia de Suarna.

De volta, desde Os Mazos, collemos dirección San Martiño e visitamos a súa igrexa.

De novo na estrada 710, dirección Baleira, continuamos ata o desvío a Penarrubia, aquí vemos a igrexa e continuando un pouco máis adiante (andando) a fonte de auga, tamén podemos dar un paseo polo souto.

De novo na estrada podemos meternos por entre as casas da Pena, algunhas con fonda historia atrás, recordemos que aquí se atoparon restos romanos.

De novo na estrada chegamos a Camporredondo desde aquí podemos ir cara a Biduedo para admirar a paisaxe ao lado do río Neira ao lado dos prados, e dar a volta.

En dirección oposta imos ata a Barrosa, punto de entrada do camiño romano no Concello de Baralla, tamén temos cerca O Carballal, estupenda masa boscosa que compre admirar.

mapa da ruta

Preme sobre o mapa para velo en grande.

Volta a turismo  |  Volta a rutas  

 Volta a patrimonio artístico

río

capela castrolanzán

hórreo Castrolanzán

fonte Penarrubia

paisaxe

vista do val desde a pena da Cruz

vista do val

San Miguel desde a Pena da Cruz

 

 

 

 

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer