|
| RUTA 1: PRAZA – BALDRAGA – CTRA GUNDIÁN - PRAZA
Distancia: 4.500 metros.
Dificultade: Fácil.
Para recorrer: en bicicleta ou andando.
Descrición do Itinerario:
Saímos da praza, onde podemos ter aparcado o coche e onde hai sitios para comer e tomar algo. Situados na parte superior da praza, si estamos mirando cara a fonte collemos á dereita, pasando por diante do bar Vilarpunteiro iniciamos o paseo.
Estamos na estrada que nos leva a Gundían e Vilarpunteiro, seguímola e non a abandonamos aínda que se bifurque (en caso de dubida collemos ramal da dereita).
Despois de pasar a última casa que vemos á dereita, aparece o cruce que nos leva a Constantin (vemos as casas e o pobo á esquerda - a 1 km. está o seu muíño – itinerario da ruta 7), non o collemos, a uns 50 metros abandonamos a estrada (aquí fai unha curva á esquerda) e tomamos un camiño á dereita (levamos andado 700 metros), comeza o camiño en subida, ao rematar a cal hai unha bifurcación á esquerda que non tomamos.
O camiño continua atravesando hortas e ofrecéndonos unha bonita vista de Baralla e de Arroxo (coa autovía e o seu ponte diante), así como dos montes que rodean á vila de Baralla.
Cando levamos andado sobre 1.100 metros aparécenos outra bifurcación, aquí tomamos á esquerda (o da dereita lévanos de novo á vila, cerca do mercado gandeiro – ruta nº 2 -). Discorre agora o camiño un pouco máis encaixonado ata que se abre de novo pasando por prados, aparece unha nova bifurcación (levamos 1.650 metros), o ramal da dereita lévanos cara Piñeira (ruta 3, discorre polo medio de prados e pastizais), nos collemos o da esquerda. Cincocentos metros máis adiante atopamos un souto da castiñeiros, deixámolo á dereita e continuamos polo camiño que xirando á esquerda inicia unha pequena subida.
Despois desta subida o camiño xa toma dirección Gundían e comeza a descender, agora continuamos sen desviarnos (aínda que aparezan dúas bifurcacións case xuntas que van á esquerda) ata que chegamos á estrada ( levamos 2.700 metros andados) que abandonamos ao principio.
Collemos á esquerda e iniciamos o camiño de regreso, a estrada discorre paralela a soutos de castiñeiros centenarios por un lado e a hortas polo outro (tamén queda á dereita o cemiterio municipal).
Chegamos de novo á praza.

Volta a Rutas | Volta a turismo
|
|