Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

RUTA 2: PRAZA – BALDRAGA – PRAZA

Distancia: 2.000 metros.
Dificultade: Fácil.
Para recorrer: en bicicleta ou andando.

Descrición do Itinerario:

Saímos da praza, onde podemos ter aparcado o coche e onde hai sitios para comer e tomar algo.
Situados na parte superior da praza, si estamos mirando cara a fonte collemos á dereita, pasando por diante do bar Vilarpunteiro iniciamos o paseo.

 Estamos na estrada que nos leva a Gundían e Vilarpunteiro, seguimola e non a abandonamos aínda que se bifurque (en caso de dubida collemos  ramal da dereita).

Despois de pasar a última casa que vemos á dereita, aparece o cruce que nos leva a Constantin (vemos as casas e o pobo á esquerda - a 1 km. está o seu muiño –itinerario da ruta 7), non o collemos, a uns 50 metros abandonamos a estrada (aquí fai unha curva á esquerda) e tomamos un camiño á dereita (levamos andado 700 metros), comeza o camiño, en subida, ao rematar a cal hai unha bifurcación á esquerda que non tomamos. O camiño continua atravesando hortas e ofrecéndonos unha bonita vista de Baralla e de Arroxo (coa autovía e o seu ponte diante), asi como dos montes que rodean á vila de Baralla, coas súas masas de castiñeiros e carballos.

Cando levamos andado sobre 1.100 metros aparécenos outra bifurcación, hasta aquí a ruta coincide coa marcada como ruta nº 1, aquí tomamos á dereita (dos dous camiños que levan a dereita collemos o principal, o segundo que nos encontramos), o camiño inicia a baixada que acaba xa nas rúas da vila, (a esquerda o camiño lévanos ao mercado gandeiro, ao pavillón municipal e ao campo de fútbol) collemos á dereita  e continuando a rúa chegamos a un cruce, collemos á dereita e a poucos metros temos de novo a praza.

Ruta 2

Volta a Rutas |   Volta a turismo

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer