Portada páxina web Concello de Baralla
arquitectura popularnaturezapaisaxearte, románicoparroquias, rutas
Web oficial do Concello de Baralla

O tempo en Baralla

Galería de Fotos

 

RUTA 3: PRAZA – BALDRAGA – CTRA. PIÑEIRA - PRAZA

Distancia: preto de 4 km.
Dificultade: Fácil.
Para recorrer: en bicicleta ou andando.

Descrición do Itinerario:

Saímos da praza, onde podemos ter aparcado o coche e onde hai sitios para comer e tomar algo.

Situados na parte superior da praza, si estamos mirando cara a fonte collemos á dereita.

Estamos na estrada que nos leva a Gundían e Vilarpunteiro, seguimola e non a abandonamos aínda que se bifurque (en caso de dubida collemos  ramal da dereita). Despois de pasar a última casa que vemos á dereita, aparece o cruce que nos leva a Constantin (vemos as casas e o pobo á esquerda - a 1 km. está o seu muiño – ruta 7), non o collemos, a uns 50 metros abandonamos a estrada (aquí fai unha curva á esquerda) e tomamos un camiño á dereita (levamos andado 700 metros), comeza o camiño en pendente, o rematar a cal hai unha bifurcación á esquerda que non tomamos.

O camiño continua atravesando hortas e ofrecéndonos unha bonita vista de Baralla e de Arroxo (coa autovía e o seu ponte diante), así como dos montes que rodean á vila de Baralla. Na seguinte bifurcación (1.100 m.), tomamos á esquerda (o da dereita lévanos de novo á vila, cerca do mercado gandeiro – ruta nº 2 -).

Discorre agora o camiño un pouco máis encaixonado ata que se abre de novo pasando por prados, aparece unha nova bifurcación (levamos 1.650 metros), hasta aquí coincide coa ruta 1, collemos o ramal da dereita, discorre por medio de prados e pastizais ata que inicia a baixada  entre árbores, chegamos á estrada.

camiño


Collemos á dereita,continuamos ata pasar un cruce, sen desviarnos, atopamos unha casa á dereita e vemos que a estrada se bifurca, antes da casa collemos un camiño á dereita que nos leva ata un souto de castiñeiros. Aquí vemos de fronte o campo de fútbol, collemos á esquerda (vemos como unha abertura nunha parede), deixamos unha casa a dereita e xa estamos na rúa do mercado gandeiro, temos o cerre do campo de fútbol á dereita, pasamos o mercado gandeiro e collemos un camiño á dereita que pasa por diante da torre de telefónica, cando a rúa remata collemos á dereita e a poucos metros está xa a praza da que saímos.

Ruta 3

Volta a Rutas  |  Volta a turismo

 


      (C) Concello de Baralla  Nota legal  |          Accesibilidade     |   Deseño e Programación: IMER Computer