|
| TURISMO - RUTASRUTAS PARA COÑECER O CONCELLO EN COCHE E TAMÉN EN BICICLETA NOTA: a descrición dos elementos máis importantes que imos ver en cada ruta atópase no apartado correspondente de patrimonio artístico.
RUTAS PARA ANDAR (OU EN BICICLETA) CERCA DA VILA DE BARALLA
Os antigos camiños, calzadas, vías pecuarias, corredoiras e carreiros que serviron ao longo dos séculos para desprazarse e como nexo de unión e de comercio, constitúen hoxe un tesouro histórico, cultural e etnográfico de grande importancia. Moitos deles están en desuso e polo tanto a natureza, en forma de silvas e maleza, vaise apoderando deles. No Concello de Baralla non hai rutas homologadas pola Federación Galega de Montañismo, o que non signifique que non haxa fermosas rutas para recorrer andando ou en bicicleta. Todo o concello está percorrido por camiños dos que cada un deles ten de seu entidade suficiente para merecer figurar aquí, pero como sería excesivo mencionalos todos, indicamos unha serie de posibles itinerarios, para facer andando ou en bicicleta, que partindo da capitalidade municipal, recorren soutos, beiras de río e paisaxes de extraordinaria beleza. Os recorridos poden combinarse entre si para alongalas ou acurtalas segundo as características de cada un. Dependendo da época do ano de que se trate, os camiños poden estar máis ou menos practicables, polo que se debe ir perfectamente equipado. O Concello de Baralla non se fai responsable das incidencias que poidan surxir nas camiñatas. Tamén se propoñen rutas para facer en coche (ou en bicicleta), en calquera delas atoparemos un camiño que nos leva a un extraordinario souto, a unha impresionante carballeira, ao lado dun río ou regato, a un muíño, a un pobo con casas de pedra como estandartes dunha forma de facer as cousas que non deberíamos esquecer ou a calquera recanto no que podemos admirar a beleza da natureza que nos rodea, non temos máis que adentrarnos neles e disfrutar dunha paisaxe única. |
|