|
| TURISMO
-
A Vila de Baralla: tódolos servicios e un entorno privilexiado.
-
Variadas rutas para coñecer o Concello, en coche, bicicleta ou andando.
-
Hostelería: onde aloxarse e onde disfrutar da rica e variada gastronomía da zona.
-
Ó RÍO NEIRA: fermoso entorno no que pescar, admirar paisaxes naturales...
-
Feiras e festas: Feiras os días 1 e 18 de cada mes, festas do San Vitorio en agosto...
-
Igrexas: San martiño de Berselos, San Martiño de Neira de Rei, Santiago de Covas,San Xoan de Lexo, Santa María de Pacios...
-
Arquitectura popular espallada por todo o Concello: muiños, hórreos, arcas, mazo...
Ben comunicado por estrada, o Concello de Baralla ofrece ao visitante unha ampla oferta de servizos ao redor da súa paisaxe, as súas xentes, a súa gastronomía e as súas festas.
A natureza outorga todo tipo de posibilidades para o sendeirismo, o cicloturismo, a pesca e para o disfrute da súa paisaxe de montaña, e do seu río principal, o Neira, que o percorre, e que nos regala innumerables recantos de gran beleza.
As igrexas románicas, capelas, pazos, muíños de auga... falan da importancia da súa arte rural e do seu patrimonio etnográfico.
As festas do San Vitorio teñen sona en toda a comarca e garanten diversión durante os días nos que se celebran, ademais algunhas parroquias celebran as súas festas patronais ampliando o calendario festivo.
Si a todo isto lle sumamos a boa acollida das súas xentes e a rica oferta gastronómica baseada en productos naturais, entendemos o importante potencial turístico do noso concello.
Baralla permítelle ao visitante disfrutar dun entorno natural privilexiado que invita a descansar ou a practicar o turismo activo, nunha localidade que lle ofrece tódolos servicios precisos para o disfrute dunha grata estancia entre nosoutros.
| 








|